Laura Moure/Silleda
O goberno municipal de Silleda vén de xestionar nos primeiros 100 días do presente mandato actuacións que supera a cantidade de 1,7 millóns de euros de investimento, ás que se engaden outros investimentos históricos –a través de fondos europeos- que tamén botan a andar neste periodo.
Así, a actuacións que están xa en fase de licitación (como a mellora do vial de Balántiga-Escuadro por 115.532,01 euros; os vestiarios de Outeiriño e o pavillón de Silleda por 104.464, 75 euros; ou a adquisición dun vehículo eléctrico para o servizo de xardinería por 55.0000 euros), súmanse investimentos executados nas últimas semanas como a mellora dos aseos na Escola Infantil A Galiña Azul (20.320,80 euros), ou as novas dotacións técnicas no auditorio municipal Manuel Dopazo, por 50.830,83 euros.
Unha das obras máis importantes deste mandato 2023-2027 será a Mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana no centro da Bandeira”, cun orzamento de 1. 1.053.739,23 euros, unha actuación histórica que permitirá rexenerar este céntrico emprazamento e todo o seu entorno.
Trátase da Reforma Integral da praza Juan Salgueiro da Bandeira, e to seu entorno, subvencionada con 814.056,05 euros no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do programa DUS 5000. No último pleno ordinario aprobouse o proxecto por unanimidade, acordándose tamén o inicio do expediente de contratación. .En relación con esta actuación, tamén se aprobou a adquisición da vivenda familiar sita nesta praza, por 201.000 euros.
Tamén se levaron a cabo novas dotacións como os columpios do parque das Pedrosas (10.000 euros), que se complementará con arranxo a realizar nos elementos do parque por parte do personal municipal
Publicidade
A mellora de espazos infantís, ca apertura do remozado parque da Bandeira a pasada fin de semana (cun investimento de 97.000 euros) continuará nos vindeiros meses con novas dotacións, no marco do Plan de Mellora e Ampliación de Parques e Espazos Infantis, comprometido polo executivo local. No tocante a instalacións deportivas, tamén destaca a renovación de vestiarios e aseos no pavillón de deportes da Bandeira (95.000 euros).
Mellora nos servizos
Así mesmo, tamén nestes primeiros 100 días de mandato o executivo de Manuel Cuiña asinou o contrato de mantemento e melloras no alumeado público exterior con Ferrovial, iniciativa que suporá entre outros un maior aforro para as arcas municipais e o cambio de todas as luminarias a LED.
Tamén con medios propios do Concello, a través do personal de distintos departamentos se continúan acometendo labores de limpeza viaria (co lavado de rúas) e outras melloras, como a levada a cabo na rúa Cartaxena de Silleda. No ámbito dos servizos, destaca a ampliación do Servizo Lúdico Educativo no campamento de verán, que batiu récords en número de prazas ofertadas e a oferta para o Viveiro de Empresas de Área 33, xa con regulamento en vigor.
Tres proxectos históricos por máis de 2,3 millóns
No ámbito urbanístico, neste periodo tamén se realizaron trámites dos doutros proxectos históricos que se acometerán neste mandato.
Así, ademais da citada remodelación da praza da Bandeira, tamén se realizou con cargo aos remantentes o inicio da tramitación do proxecto Camiño Escolar Seguro ao IES Pintor Colmeiro, cun investimento de 431.422,55 euros, para a mellora de dous tramos: rúa Tras da Igrexa e rúa Forcarei. Trátase dunha actuación que se fará tamén con cargo ao DUS 5000.
Publicidade
O terceiro proxecto, que chega a través do programa PON 2030 da deputación é a humanización da zona deportiva-escolar da Bandeira, cun investimento previsto de 893.189,62 euros. Ademais está pendente de licitar por parte da Deputación de Pontevedra o proxecto das sendas peonís na EP 7201 entre a N-525 e o cruce a Toiriz, un investimento de 800.000 euros para o que o Concello de Silleda xa fixo unha achega de 160.000 euros.
“Nos vindeiros meses iremos avanzando nestas últimas tres grandes actuacións”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que o Concello de Silleda é un dos da súa categoría que máis fondos europeos está a xestionar.
Comments