top of page

Controlado un incendio que se declarou nunha nave na que se almacenaba herba en Palas de Rei

Actualizado: 9 nov


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Contra as 17 horas, un particular informou ao 112 Galicia de que ardía unha das naves dunha explotación gandeira en Puricelas, na parroquia de Vilareda, en Palas de Rei. No interior das instalacións afectadas almacenábase unha gran cantidade de herba seca. O gando lograron sacalo a tempo.

O lugar do incendio. Autor: Ecos da Comarca.
O lugar do incendio. Autor: Ecos da Comarca.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participan os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil, o GES de Monterroso e de Friol-Palas e os voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei. Tamén colabora unha dotación do distrito forestal da zona e unha motobomba do Concello palense.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Pouco despois das 18:30 horas, os medios confirmaron que o incendio estaba controlado e que seguían retirando pouco a pouco a palla para poder extinguir as lapas.


ACTUALIZACIÓN (21 h): Na nave tamén había apeiros agrícolas e tractores, que se puideron salvar. Os Bombeiros de Chantada e o GES de Monterroso continúan con tarefas de arrefriamento. A edificación veuse afectada pero non colapsou.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page