top of page

Contigo Silleda denuncia irregularidades nas obras da Rúa Progreso

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda Julio Ramos, recrimina que “mentres o Goberno Local de Silleda segue de vacacións, o proceso de execución das obras de humanización avanza sen control. As máquinas que están a realizar os traballos de demolicións e retirada de entullos na marxe afectada polas obras invaden practicamente os dous carrís de circulación ao realizar manobras, sen a sinalización correspondente do tramo de obras, nin valo de seguridade delimitando a zona de ocupación de obras, do carril habilitado para a circulación de vehículos. A sinalización que esixe a normativa de tramo en obras, non existe", critica.


Ramos apercibe “o tramo onde están colocadas as pasarelas metálicas de acceso a vivendas e comercio, nin ofrecen, nin garanten seguridade. Algunhas das pasarelas están apoiadas en taboleiro de encofrado de contrachapado, formando escalonamientos e barreiras arquitectónicas para as persoas con mobilidade reducida. Os relevos que forman os elementos utilizados fan difícil o acceso. Independentemente do perigo que supón a superficie do taboleiro ao mollarse ou humedecerse, formando unha película deslizante podendo ocasionar caídas por resbalones, podendo mesmo romper, algunhas das pasarelas deberían estar apoiadas en superficie compacta e segura, sen formar chanzos para acceder á rampla”, apunta. Ademais, cuestiona que "os valos dispoñeranse de modo que as persoas cegas poidan detectar a tempo a existencia de obstáculos, cunha separación máxima de 0,50 cm estando unidas entre si".


Por todo isto, Contigo Silleda insta o Concello a realizar un seguimento dos traballos rigorosos e de calidade, para evitar contratempos e garantir a durabilidade do patrimonio municipal.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page