Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Contigo Silleda denuncia fochancas na rotonda desta localidade

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, recalca que recibiu queixas de condutores e usuarios polo mal estado nas que se atopan as obras de mellora da intersección na EP 7201, nos arredores do Parque de As Pedrosas e o Cemiterio Municipal en Silleda. Ramos asegura que "tanto usuarios, como a Formación Política puxeron en coñecemento da Garda Civil de Tráfico de Lalín en varias ocasións, as fochancas que durante todo o proceso de execución dos traballos foron un quebradizo de cabeza para os condutores que frecuentan a diario a zona afectada polas obras, incluso a falta de sinalización, seguridade e desorde, coa que nos atopamos na zona".

Subliña que están "cheas de entullos por todos lados, buracos sen tapar, sen sinalizar, valos, conos e outros elementos tirados en calquera lado obstaculizando o paso. É imposible acceder ao parque ou ao cemiterio polo paso peonil provisional. Sempre está cheo de cheas de materiais ou obstáculos que impiden o paso, obrigando aos viandantes para cruzar por calquera lado, co risco de sufrír un atropelo ou calquera incidencia. O Goberno Local de Silleda non se ve moi interesado na supervisión dos traballos, por tal motivo e vendo o desastre que hai nas obras, denunciaremos no xulgado todas as irregularidades das obras que non se están atendendo adecuadamente".

195 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE