top of page

Contigo Silleda califica de "propaganda electorista" o aforro de 12.000 euros en luz pública

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, dubida da veracidade dos datos que aporta o goberno local de Silleda, respecto ao considerable aforro na factura da luz, coa dotación de alumeado LED.


"A información que nos aporta o executivo non aclara se o cálculo de aforro este realizado

acorde á reciente actuación do programa provincial de renovación de luminarias en

cinco parroquias ou se sería computable una vez sustituído o 100% do alumeado en todas as parroquias. Se o aforro se aplica simplemente ao cambio de 205 puntos de luz, unha vez sustituído o 100% con iluminarias LED, poderíamos deducir que a factura da luz municipal case sairía gratis”, sinala.


Ramos recorda á Administración Local que, "se son tan bos os datos económicos que nos alentan e presumen as arcas municipais, por que case o 50% dos puntos de luz pública que non están funcionando dende hai anos, seguen sen reanudar o servizo?. Vivendas que teñen restrinxido o servizo de alumeado público, mentres hai algunha vivenda que, dentro da súa propiedade de dominio privado, parece estar servíndose de puntos de luz pública (na parroquia de Taboada temos un exemplo) independientemente de que vivendas nalgúns núcleos de poboación aínda non teñen puntos de alumeado público, a pesar de que cada vivenda ten o dereito de servizo de alumeado público", apunta. "Non entendemos: por que hai vivendas con privilexios e outras sen servizo? Se o sistema consiste en aforrar, por un lado, para logo beneficiar por outro lado. Deberían explicarlo”, recalca.


Contigo Silleda propón ao executivo "que co aforro que nos aporta a renovación das luminarias, coloquen puntos de luz pública, en todas as vivendas que carecen de alumeado público, ao igual que restituír os puntos de alumeado público que están desconectados".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page