top of page

Contigo Silleda: "A obra da rotonda é unha prolongación das “chapuzas” feitas en Chousa Nova"

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, califica de “nulo” o interese que o goberno local de Silleda "pon en supervisar de que maneira está a malgastarse o diñeiro da veciñanza. Está permitindo que se sigan realizando “chapuzas monumentais” sen ningún tipo de control e responsabilidade", acusa.

Afirma que "están colocando o sistema de canalización da rede de pluviais sen utilizar os materiais adecuados; os pozos de rexistro estanse recrecendo con pedras para aforrar “espesor de formigón” que fixa o proxecto; os conos prefabricados de redución dos pozos estanse asentado encima dos tubos, cando deben ir asentados encima da base de formigón. Están recrecendo os illotes das zonas axardinadas, sen sanear, drenar, utilizar materiais seleccionados e compactos; están a tirar o aglomerado para regularizar encima da terra, sen rega de imprimación e adherencia..."


E insiste en que "está claro que o executivo está facendo todo o posible para deixar a “hipoteca vitalicia” aos veciños do municipio. Os espesores dos materiais non existen, todo o fan rápido, e tapar todo e que non se vexa o que este feito. Imos de chapuza en chapuza", considera Ramos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page