top of page

Consellos da Garda Civil da Coruña para evitar a estafa por internet á hora de alugar un inmoble


Ecos da Comarca/Xeral

ree

No marco da operación ABEZAN o Equipo@ Coruña da Garda Civil de prevención e resposta en materia de Ciberdelincuencia, en colaboración co Equipo@cantabria investigaron a un home de Cantabria a como presunto autor dun delito de estafa por internet no alugueiro dun piso a unha veciña de Cambre. Ante esta situación, a Garda Civil proporciona os seguintes consellos:


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

1. Busca aloxamentos verificados (empresas de alugueiro).

2. Ten coidado cos prezos baixos ou os choios (páxinas de particulares).

3. Verifica a dirección a través de Google View.

4. Introduce a foto do piso en Google (Buscador por imaxes), por se a foto incluída no anuncio de alugueiro atópase noutros anuncios distintos ou noutras localidades.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

5. Realiza a consulta coma se foses dúas persoas distintas, con varios teléfonos, se a ambas as persoas alúgalle a inmoble sospeita!

6. Solicita visitar o piso antes de realizar calquera transferencia ou pago. Aínda que non esteas preto, simplemente o solicitar ver o piso por un suposto “amigo ou coñecido” da zona, poderache facer ver se existe negativas a ensinalo, o cal é sospeitoso.

7. En caso de querer alugar o piso, antes de enviar ningunha documentación, solicita realizar unha vídeo chamada co inquilino, co fin de verificar a súa identidade (Grava a chamada para ter unha imaxe do arrendador).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page