top of page

Como serán as temperaturas medias en 2025 no val medio do río Asneiro, afluente do río Deza?

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas



Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense.


COMO SERÁN AS TEMPERATURAS MEDIAS EN 2025 NO VAL MEDIO DO RÍO ASNEIRO (AFLUENTE DO RÍO DEZA)?


No val medio do río Asneiro (parroquias de Vilanova, Catasós, Doade, Soutolongo, Ludeiro, Botos, A Xesta, .....) atópase a estación meteorolóxica de Mouriscade, que conta co historial térmico máis amplo de todas cantas existiron e existen na Comarca de Deza e, incluso é unha das máis representativas de Galicia.

Os datos de temperaturas abarcan desde 1982 ata a actualidade, é decir, unha serie de 43 anos, pero Mouriscade é, por unha banda, o centro dunha gran "inversión térmica" e, por outra, a representación real das características climáticas do val medio do Asneiro, un río que nace nos Montes de Dozón. Hai ter en conta que os datos de temperaturas non son un fenómeno aillado e, por iso, ao referirnos á estación de Mouriscade non só estamos a analizar un aspecto do clima desta zona, senón, tamén, dunha amplitude moito maior, é decir, os rexistros de Mouriscade representan un valor común similar ao de unha gran parte de Galicia. Así, o que sucede termicamente en Mouriscade, tamén, sucede noutros lugares cercanos e, incluso, lonxanos, na costa e no interior de Galicia.


Resulta moi díficil prognosticar como serán as temperaturas medias en 2025, porque tan só levan transcorridos cinco meses, pero durante ese tempo si que podemos establecer comparacións, non só validas para esta estación de Mouriscade, senon, tamén, respecto de gran parte de estacións de Galicia.


No gráfico adxunto pódese observar a evolución das temperaturas medias seguintes:

  • Promedio mensual de 42 anos (1982-2024). Este promedio podemos consideralo como "valor de referencia climático".

  • Temperatura media mensual de 2024, que foi un dos anos con maior temperatura media de toda a serie.

  • Temperatura media mensual dos meses transcorridos en 2025.

En consecuencia, resulta fácil apreciar como as temperaturas medias dos cinco primeiros meses deste ano resultan, en certa medida, normais: meses de xaneiro-febreiro cunha temperatura superior a temperatura promedio, mes de marzo máis frío do normal para esta localidade, e mes de abril con temperatura superior ao promedio, pero similar á de 2024.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De seguir esta tendencia o esperable é que o presente ano (2025), dentro do contexto do "cambio climático" existente, rexiste unha temperatura media superior ao promedio (1982-2024) pero, probablemente, inferior ao do ano 2024.


.....pero, todo iso saberémolo, con seguridade, ao rematar o presente ano.


Antonio Presas, xeógrafo lalinense.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page