Colisión entre dous vehículos en Ligonde, Monterroso
- ecosdacomarca
- 8 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Onte, luns, rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Monterroso. No mesmo víronse implicados dous vehículos. O 112 Galicia foi alertado ás 17:33 horas.

"Tratouse dunha colisión entre dous turismos. Un dos implicados chamounos para avisar e indicounos que tiña dor nun brazo", sinala o 112 que informa que se produciu na estrada LU-3301 á altura do quilómetro 9, na parroquia de Ligonde.
Publicidade
Con estes datos, mobilizaron a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico.
Comments