Cogami concederalle o Premio Honorífico ao arzuá José Luis Costoya Quintela falecido no 2024
- Laura Moure
- hace 22 horas
- 7 Min. de lectura
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade celebra hoxe, 17 de outubro o seu 35 Aniversario cun grande encontro
Laura Moure/Arzúa
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) celebra hoxe, 17 de outubro ás 18:00 horas, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o seu 35 Aniversario cun grande encontro ao que asistirán arredor de 800 persoas procedentes de toda Galicia e tamén doutras Comunidades. O evento congregará a representantes das administracións públicas locais, provinciais e autonómicas, ademais dunha ampla representación dos tecidos empresarial e social, de persoas voluntarias, de representantes do movemento asociativo da Organización e de iniciativas empresariais de economía social pertencentes a COGAMI Empresarial.
Este evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, da Fundación “la Caixa”, COGAMI Empresarial e da Fundación da Cidade da Cultura de Galicia, estará presentado polo humorista, Roberto Vilar, e a locutora de Radio Voz, Eva Millán. Farase entrega dos Premios COGAMI 2025, que recoñecen a traxectoria e o compromiso de persoas, institución e empresas. Nando Álvarez, escultor galego internacionalmente recoñecido, foi o encargado de dar vida a estes galardóns, pezas únicas talladas en madeira, que simbolizan o camiño cara ao crecemento persoal, a autonomía e a inclusión social.
A xornada continuará coas interpretacións a cargo de persoas usuarias do centro de atención diúrna de COGAMI en Mos e da asociación AMBAR de Ribeira, e música en directo da man de Kim García Trío (contrabaixo), Jacobo de Miguel (piano) e Noli Torres (batería), acompañados por Carmen Rey (voz).

Premios COGAMI
Os Premios COGAMI 2025 recaen en:
Concello de Carballo. Premio COGAMI á iniciativa institucional. Recoñece o labor levado a cabo por unha entidade pública ou privada sen ánimo de lucro que teña destacado polo apoio á discapacidade ou por emprender accións que contribúen á plena inclusión e participación na sociedade das persoas con discapacidade en igualdade de condicións. Recolle o premio o alcalde Daniel Pérez que lle entrega o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.
Vegalsa-Eroski. Premio COGAMI ao labor empresarial, recoñece a aquelas empresas que destaquen por ser socialmente responsables, en especial con accións dirixidas á inclusión das persoas con discapacidade no mercado de traballo; e/ou recoñece o labor dunha entidade privada á hora de contribuír á sensibilización social, á visibilización das persoas con discapacidade ou á promoción dos seus dereitos. Recolle o premio o seu Director Xeral, José Manuel Ferreño Sánchez, que lle entrega a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei.
Ángel María Carracedo Álvarez. Doutor e Investigador. Premio “Domingos Dosil” á traxectoria persoal, dirixido a recoñecer a implicación persoal a favor dun cambio social que faga posible que as persoas con discapacidade acaden a igualdade de dereitos que COGAMI reivindica. Entrégase este premio a aquela persoa que destaque por ter unha traxectoria vital de dedicación ao mundo da discapacidade dende un enfoque afín ao Propósito, Misión, Visión e Valores de COGAMI. Recolle o premio Beatriz Sobrino, compañeira do seu grupo de investigación e entrega o Premio o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O arzuá José Luis Costoya Quintela. "Premio Honorífico a un compañeiro e loitador incansable polos dereitos das persoas con discapacidade, foi presidente da asociación Amarai de Arzúa e que nos deixaba en 2024". Recolle este recoñecemento a súa irmá Nerea Costoya Quintela que lle entrega o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga Vila.
Autoridades confirmadas
Anxo Queiruga, o presidente de COGAMI, será o primeiro en intervir co seu discurso institucional no que fará un repaso por estes 35 anos de traxectoria da Organización. A continuación, tamén intervirán o subdirector xeral social de Fundación Bancaria “la Caixa”, Marc Simón; o vicepresidente Executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e pechará o acto a intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Outras autoridades que acompañarán a COGAMI neste evento son o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices; a conselleira de Política Social, Fabiola García; e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que estarán acompañados de secretarios xerais e directores xerais de diferentes consellerías da Xunta de Galicia.
Contaremos coa presencia de Ana Pontón, voceira nacional Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego; a secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado del Río; a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García; o subdelegado do Goberno de A Coruña, Julio Abalde; Olalla Rodil, vicevoceira primeira e responsable da Área de Política Social, Igualdade e Ciencia; Óscar Insua Lema, Deputado BNG; Lara Méndez López, vicevoceira do Grupo Parlamentario Socialista e secretaria de organización do PSdeG-PSOE; Silvia Longueira, deputada do Grupo Parlamentario Socialista e voceira en materia de Política Social e Raquel Arias, do Grupo Parlamentario Popular de Galicia.
"Dende Madrid tamén chegan deputados para acompañarnos no aniversario, estando confirmados Francisco José Conde, María Adrio Taracido e Rafael Rodríguez Villarino".
Concellos
"Tamén nos acompañarán rexedores de diferentes municipios como: o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso; o alcalde de Ames, Blas García; o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril; a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; o alcalde de Cabana de Begantiños, José Muíño; a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua; o alcalde de Corcubión, Francisco Javier Domínguez; o alcalde de Dumbría, Raúl González; a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy; o alcalde de Frades, Roberto Rey; o alcalde de Laxe, Francisco Charlín; o alcalde de Malpica, Eduardo José Parga; o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco; o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias Castro; a alcaldesa de Muros, María Lago; a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o alcalde de Ordes, José Luis Martínez; o alcalde de Ortigueira, José Valentín Calvín; o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato; o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, o alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias; o alcalde de Poio, Ángel Moldes; a alcaldesa en funcións de Pontevedra, Eva María Villaverde; e a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández.
PUBLICIDADE
Outros representantes municipais que asistirán serán: os primeiros tenentes de alcalde dos concellos de Camariñas, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Outes, Ribeira e Zas, ademais das tenentes de alcaldesa dos concellos de Muxía, Rois, Santa Comba e Santiago de Compostela. Tamén nos acompañarán concelleiros e concelleiras municipais.
Teñen previsto asistir:
A vicesecretaria xeral de Dereitos Sociais de UXT, Ana María Pereiro; o secretario xeral de Unións Agrarias Roberto García; a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Isabel Ares; Rubén González da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo; a vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias; Breogán Riobóo da Escola Universitaria de Traballo Social da USC; Ana María Porto e Cristina Abeal, profesoras de Pedagoxía da USC; a presidenta do Colexio de Traballadores Sociais, Miriam Rodríguez; a vicepresidenta do Colexio de Educadores Sociais, Rocío Núñez; o responsable Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC de A Coruña, o doutor Antonio Rodríguez Sotillo; o comandante xefe da compañía de Santiago da Garda Civil, Francisco Antonio Torres; o comisario xefe da unidade de Policía Autonómica, Jorge Manuel Rubal; o inspector xefe da Policía Nacional en Santiago, Carlos José Temprano; o inspector da Policía Local de Santiago, Francisco Jesús Baamonde; o director xerente do CPAP de Bergondo, Francisco Nieto; a directora do CEGADI, Mª José Menor.
Terceiro Sector e Fundacións
Ademais de profesionais de COGAMI Social e COGAMI Empresarial, representantes do noso movemento asociativo e de membros da xunta directiva actual e anteriores de COGAMI, neste día tamén nos acompañan representantes de entidades sociais que conforman o Terceiro Sector como:
Directivos de COEMFE; por FEACEM, o presidente Daniel Aníbal García; o presidente de CEGASAL, Mino Martínez; a presidenta, Ana Pardo, e o director, Xosé Cuns, de EAPN Galicia; o presidente, Eladio Fernández, e o director José Manuel Fernández, de FADEMGA Plena Inclusión; o presidente, Xosé Ramón Girón, e o xerente, Antonio Hernández, de FEAFES Galicia; o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto; a presidenta de FAXPG, María Alonso; a xerente, Inmaculada Tabernero, e a secretaria, Helena Esteves, de ACOPROS; a presidenta, Mercedes Fernández, e a xerente, Patricia Blanco, de AUTISMO Galicia; o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández; o presidente de FAGAL, César Bugallo; o presidente de AMICA, Tomás Castillo; o presidente do Padroado, Ramón López, e a directora, Ofelia Debén de Proxecto Home Galicia; o presidente de Igaxes, Víctor Manuel Santidrián; directivos de COCEMFE; a directora da Asociación Inserta Empleo, Beatriz Gallego; o vicepresidente nacional da Asociación Española contra el Cáncer, Manuel Aguilar.
"Contamos coa presenza da delegada en Galicia de Fundación Bancaria “la Caixa”, Susan Santos; da Fundación Menela o director xerente, José Manuel Varela; o director de desenvolvemento de negocio de Fundación DKV Integralia, Javier de Oña; o vicepresidente executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán; Ángel Plácido, presidente e Chus Trasancos, vicepresidenta de Fundación ENKI; a directora xerente de Fundación Solidaridad Carrefour, María Cid; a directora de Fundación Roberto Rivas, Olga Rivas; a directora xeral, Verónica Rivadulla, Vera Ledo, directora Autonómica Fundación Secretariado Gitano e a directora de sostibilidade, Begoña Pallas da Fundación Meniños".
PUBLICIDADE
Entidades bancarias e Empresas
Tamén asistirán o director institucional territorial Noroeste do Banco Sabadell, Adolfo García, que virá acompañado do director da oficina de Grandes Empresas, Juan Luis Candamo, e o director de Grandes Empresas, Alberto Cerdeira; do BBVA acompañarannos o xestor de relación Miguel Campos; de Caixabank estarán a directora coordinadora de institucións, María Jesús García, o xestor de banca da institución, Pablo Baamonde; e do Banco Santander veñen o director Zona de Empresas, Pablo Gil, e Compañias Relationship Manager III, Roberto Rodríguez.
Ademais de representantes do mundo empresarial como: a Cámara de Comercio de Santiago; a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (ASIME); Federación Gallega de Construcción; Consorcio das Mariñas; Algalia; intheMOVE; Jano Arquitectura; Impervelper S.L.; Comercial IFEGA; Industrial Recense; Autocares Meijide; Máis Porvir; Vegalsa; Grupo Academia Postal; Autocares Rías Baixas; Gestión Plus Servicios Integrales a Empresa; Ibsersys; Sihaho; Dismac; Madeiras Ramos Moreira; Pedra Santa; Ypgal S.L.; Ilunion; Arroupa; Plaintec; Marca Franca; GSI Suministros; Cluster de Turismo; Sivenvi; Luckia; Excavacións Midón; Amoralia; Grupo Puentes; Janssen; Transxtar; Plexus; Quirunet; Aristeia abogados; Galaura Universe; Ocahotels; AEIGA e AGACA.
Comentarios