Os mozos de 18 anos perderon a vida este martes nun accidente de tráfico
Ecos da Comarca/Xeral
Este martes tivemos que dar a tráxica noticia de que dous mozos faleceron nun accidente de tráfico en Chantada. No vehículo viaxaban tres e só salvou a vida o condutor. Os falecidos, de 18 anos, eran veciños desta localidade e xogaban no S.D. Chantada. A traxedia produciu unha gran conmoción en xeral, pero tamén nos distintos clubs deportivos. De feito, varios clubs das comarcas mostraron o seu pesar a través das redes sociais como foi o caso do S.D. Boimorto ou o S.D. O Pino.
DECLARACIÓNS:
"A SD Chantada amaneceu da peor maneira posible. Dous xuvenís do club perderon a vida a pasada madrugada nun accidente de tráfico. Queda suspendida temporalmente toda a actividade desta entidade. Estamos completamente abatidos por unha noticia que nunca quixéramos dar. Dende xa, a SD Chantada queda a disposición das familias para todo o que precisen nestes momentos tan duros".
"Dende o CF Boimorto queremos transladar o noso máis sentido pésame ás familias, amigos, achegados e a todo o club S.D. Chantada polo pasamento de dous dos seus futbolistas xuvenis. D.E.P."
Un día moi triste para o fútbol xuvenil e sobre todo para as familias e amigos de Abel e Alex e todo o Club @sdchantada. Unha pérdida irreparable que nos custa ata mencionar. Só podemos decir que desde a @sdopino queremos enviarlles nosas mais sentidas condolencias e moita forza para seguir adiante.Unha aperta"
"Consternados tras coñecer o falecemento de dous futbolistas xuvenís da S.D. Chantada nun fatídico accidente de tráfico esta pasada noite. Desde a RFGF acompañamos na dor ás súas familias, amigos e á S.D. Chantada nestes difíciles momentos. DEP e toda a NOSA FORZA", sinala a Real Federación Galega de Fútbol (Futgal)
Publicidade
O turismo envorcou cando circulaba pola N-540, á altura do punto quilométrico 53, con tres persoas no seu interior. O condutor do vehículo resultou ileso e os bombeiros tiveron que excarcerar ás vítimas mortais. segundo o relato dun dos alertadores, o accidente puido ser provocado por un xabaril que interceptou a estrada
Publicidade
Dende ECOS DA COMARCA tamén queremos mostrar o noso máis sentido pésame.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments