top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A saída de día dun turismo en Chantada remata con dous falecidos e o condutor do vehículo ileso

Ecos da Comarca/Xeral

Un tráxico accidente, rexistrado esta madrugada no concello lucense de Chantada, saldouse con dous mozos falecidos. O turismo envorcou cando circulaba pola N-540, á altura do punto quilométrico 53, con tres persoas no seu interior. O condutor do vehículo resultou ileso e os bombeiros tiveron que excarcerar ás vítimas mortais.

O accidente de hoxe. Autor: Bombeiros de Chantada.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ao fío das 00:15 cando varios particulares chamaron para solicitar axuda para os ocupantes dun coche, que estaban atrapados como consecuencia dunha saída de vía. De feito, segundo o relato dun dos alertadores, o accidente puido ser provocado por un xabaril que interceptou a estrada.


Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Chantada e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Unha vez no lugar, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento do concello chantadino empregaron o material de excarceración para liberar a dous dos ocupantes do turismo sinistrado. Desafortunadamente, nada se puido facer por salvarlles a vida.


Cómpre indicar que os equipos de intervención desprazados ata o lugar informaron ao 112 que, malia sufrir unha crise de ansiedade, o condutor do vehículo resultou ileso. Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse aos psicólogos especialistas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes ou Emerxencias (GIPCE) por se fose necesaria a atención especializada á familia e persoas próximas aos falecidos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O operativo foi completado polos efectivos de Protección Civil de Chantada e persoal do servizo de mantemento das estradas. Igualmente, pasouse aviso aos axentes da Policía Local.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page