Circula en sentido contrario pola autovía e choca contra un microbus
- ecosdacomarca

- hace 11 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Dez minutos antes das 1 horas deste domingo, o 112 Galicia recibiu varios avisos de particulares que viran un turismo circulando en sentido contrario pola A-6, á altura de Lagostelle (Guitiriz). De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse á Garda Civil de Tráfico.

Pouco despois, Urxencias Sanitarias de Galicia reportou que o vehículo colidira cun microbús no quilómetro 534. No autocar, que cubría a ruta Mondoñedo-Vigo, viaxaban unha vintena de persoas que resultaron ilesas, pois o condutor conseguiu esquivar en gran medida o impacto.
Publicidade
O único ocupante do turismo resultou ferido e foi atendido polo persoal sanitario, que se desprazou ao lugar a bordo dunha ambulancia.
Neste operativo tamén participaron o GES de Curtis e os servizos de mantemento da autovía.







Comentarios