Cinco membros dunha familia intoxicados por monóxido de carbono
- ecosdacomarca

- 29 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Cinco membros dunha familia necesitan asistencia médica logo de sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono. Un xerador de electricidade instalado no garaxe da vivenda parece ser a orixe da mala combustión que provocou a intoxicación da familia, tal e como informa o 112 Galicia.

Pouco antes das sete desta mañá, un dos afectados púxose en contacto co 112 Galicia para solicitar asistencia porque toda a familia estaba moi mareada. Dentro do domicilio, situado na parroquia de Gondar, en Sanxenxo, había dous menores e tres adultos, que compartían os mesmos síntomas, polo que foron evacuados a distintos hospitais: os cativos e un adulto ao Hospital Provincial e as outras dúas persoas ao Hospital de Montecelo en Pontevedra.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Da atención sanitaria e dos trasladados ocupáronse as dotacións de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviadas ao lugar dos feitos, mentres que os membros do GES de Sanxenxo realizaron as medicións necesarias para confirmar a presenza de monóxido de carbono na vivenda.
Publicidade
Tras ventilar e examinar o inmoble, comprobaron que a orixe da mala combustión que reduciu considerablemente os niveis de osíxeno necesarios estaba nun xerador de electricidade instalado no garaxe.







Comentarios