top of page

Chega unha nova edición de Arzúa Viva con actividades para toda a familia

O domingo 27 de xullo realizaranse xogos, actividades de lecer e actuacións dirixidas a público infantil e mozo


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa dá a coñecer o programa de actividades para unha nova edición de Arzúa Viva, incluída na programación cultural de verán. A Carballeira de Santa María, ubicada detrás do Pavillón polideportivo de O Cruceiro, acollerá este domingo, 27 de xullo, a 18ª edición con actividades de lecer e actuacións para público infantil e para a mocidade.

De 17:00 a 21:00 horas haberá instalados diversos inchables, obradoiros, xogos tradicionais do mundo e contarase con actividades recreativas como o Twister xigante, o Porco mecánico ou o Guacamole interactivo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, a partir das seis da tarde terá lugar o espectáculo Asacocirco Show, un espectáculo para todos os públicos no que os seus protagonistas, Mirroska e Juanito, son os dous clowns de este divertido mini circo. Combinan humor, destreza física, moita técnica, ritmo e poucas palabras. Un xogo cómico onde o espectador sentirase moi implicado e no que sempre hai lugar para a sorpresa.


A xornada incluirá tamén un reparto gratuíto de xeados entre o público asistente ata esgotar existencias. E como remate, a presente edición de Arzúa Viva pecharase cunha Festa da Escuma en colaboración coa Comisión de Festas do Carme de Arzúa 2025. A asistencia a todas as actividades é totalmente de balde e o acceso libre.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “a todas as familias a participar nesta xornada pensada para o disfrute de todas e de todos con actividades que buscan o entretemento e pasalo ben, mais tamén a convivencia entre veciñas e veciños nun ambiente festivo e de lecer”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page