top of page

Chega ao seu fin en Arzúa o programa 'O Xardín dos Contos' este xoves

Será cunha sesión de cine familiar con merenda

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural do verán, a terceira e derradeira sesión do programa de animación á lectura O Xardín dos Contos cunha sesión de cine familiar con merenda este xoves, 4 de setembro, dirixida especialmente a público infantil.

ree

Despois das funcións levadas a cabo nos meses de verán, a proxección da película Donde viven los monstruos pechará o programa a partir das 18:00 horas na Casa de Correos.


Donde viven los monstruos é unha adaptación dun conto para nenas e nenos de Maurice Sendak. Cando Max, un neno desobediente, é enviado á cama sen cear, sumérxese nun mundo imaxinario creado por él e que está poboado por feroces criaturas que lle obedecen cegamente.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Os nenos e nenas que participen estarán convidados a unha pequena merenda. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade do local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de cultura, José Luís García, agradece “ás familias que teñan participado neste programa durante o verán e no resto de actividades dirixidas a público infantil e familiar”. Anima tamén “á participación este xoves para fomentar entre todas e todos a lectura entre o público máis cativo”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page