top of page

Chega a Silleda o día 10 “Pelica de Burra”, un obradoiro de contos e música para as familias

Laura Moure/Silleda

A narradora oral e actriz Vero Rilo chega a Silleda co seu espectáculo Pelica de Burra, unha proposta artística que mestura música e narración nunha posta en escena dinámica, divertida e chea de emoción. O evento celebrarase o 10 de maio ás 12:00 horas na Praza Señor Afranio, de acceso gratuito e dirixido a todos os públicos, e en especial a familias con cativos a partir de 4 anos. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao salón de actos do Concello.

A proposta enmárcase no programa FalaRedes, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo a dinamización da lingua galega a través de iniciativas culturais en concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Ademais é unha das actividades que conforma a programación das Letras Galegas 2025 “Cantareiras Silleda” do Concello de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pelica de Burra é un espectáculo de historias cotiás, retranca e música en directo, no que Vero Rilo estará acompañada por un músico sobre o escenario. Unha combinación da oralidade con sons contemporáneos que crea un espazo para o humor e a reflexión.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actuación é de acceso libre e gratuíto, e forma parte da aposta do Concello de Silleda pola cultura de proximidade e pola promoción do galego como ferramenta de cohesión e identidade.


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page