top of page

Chega a Arzúa a mostra 'Tea, madeira e cor' de Encarna A. Gallego

1 jul
2 min de lectura

Este venres, 3 de xullo, terá lugar na Capela da Madanela o acto de inauguración


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura dunha nova exposición dentro da programación cultural deste verán que colle o relevo da mostra de fin de curso da Aula Municipal de Pintura que entre o 5 e o 20 de xuño recibiu 782 visitas.

Este venres, 3 de xullo, ás 19:30 horas terá lugar na Capela da Madanela o acto de inauguración da exposición Tea, madeira e cor de Encarna A. Gallego. Esta mostra forma parte da programación cultural do verán e poderá visitarse na Capela da Madanela ata o 24 de xullo, de martes a sábados en horario de 19:00 a 21:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con esta colección a artista trata de manifestar o ánimo xerado e inspirado pola súa estancia en Pantiñobre, parroquia arzuá na que está afincada. Encarna emprega nas súas obras materiais sinxelos para convertelos en elementos expresivos buscando a complicada simplicidade nunha sociedade afeita á sofisticación.


A mostra reflexa como vivir no rural pode supoñer unha volta ao esencial, unha limpeza mental e física, unha fuxida do ruído e da banalidade. E como a inmersión na natureza fai que se trate de recuperar o afán de xogo e busca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida á veciñanza e visitantes a “participar nesta nova proposta artística impulsada pola concellaría de cultura e que forma parte dun programa de exposicións que continuará coas colectivas Bo Camiño en agosto e Arte na rúa no mes de setembro”. García quere agradecer “a Encarna a implicación e colaboración na vida cultural do municipio abríndolle as portas da Madanela, un espazo expositivo participativo que acolle sempre a quen desexe compartir a súa obra artística”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page