top of page

Chega a Arzúa a exposición 'Misturas' de Faustino Seijas

Trátase dunha mostra deste artista local realizada con técnicas mixtas e que permanecerá na Capela da Madanela ata o 15 de xullo


Laura Moure/Arzúa

A capela da Madanela.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura dunha nova exposición dentro da programación cultural deste verán. Mañá, martes, 27 de xuño, ás 19:30 horas terá lugar na Capela da Madanela o acto de inauguración da exposición Misturas do artista local Faustino Seijas.

Esta mostra forma parte da programación cultural do Concello de Arzúa e está coordinada por Cristina Carballedo. Poderá visitarse na Capela da Madanela ata o 15 de xullo, de martes a sábados en horario de 19:00 a 21:00 horas.


Faustino Seijas, nacido en Arzúa, realiza estudos de publicidade e artes gráficas na

Escola de Artes Aplicada Pablo Picasso de A Coruña, ten licenciatura na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona na especialidade de pintura, e licenciatura na Facultade de Belas Artes de La Laguna, Tenerife, na especialidade de Escultura. Tamén exerce de profesor de debuxo en centros de ensinanza media.

Ten participado en diversas exposicións colectivas en Barcelona, foi seleccionado pola

Galería Van Gogh e para o IV Salón de Arte Abstracto, ambos en Madrid. Estivo presente en mostras de Alacante, Bueu e na Casa Museo Casares Quiroga e Casa Museo Maria Pita en A Coruña, entre moitas outras participacións. No ano 2018 presentou na Capela da Madanela a súa colección titulada Coa semántica na Arte.

Faustinos Seijas presenta desta vez en Misturas unha obra dentro da abstracción, realizada con técnicas mixtas, conceptual e de contenido semántico. Esta mostra forma parte do novo programa anual de exposicións que amplía a oferta cultural e artística na Madanela con nove meses ininterrompidos, máis de 160 días de apertura e un total de dez mostras ata finais de ano.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page