top of page

Celebrada a 1º xornada na EFA Piñeiral do curso “Innovación en márketing, branding e packaging"

Esta iniciativa que continuará mañá no centro arzuán está centrada nas empresas agroalimentarias


Laura Moure/Arzúa

ree

Esta mañá celebrouse no centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral (Arzúa) a primeira sesión do curso “Innovación en márketing, branding e packaging nas empresas agroalimentarias” promovido pola Fundación Juana de Vega.

ree
Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

Xosé Luis Reza (Presidente do Cluster do Ecommerce Galego) foi o encargado de impartir a xornada a profesionais, emprendedores e produtores poñendo o foco nos fundamentos que un plan de márketing ten que contemplar para achegar a diferenciación precisa para o éxito da iniciativa. “Márketing é entender o que o cliente quere e en consecuencia traballar a proposta de valor baseada nas vantaxas competitivas. A calidade dun produto non existe se o cliente non a coñece e non a recoñece”, afirmou Reza.

ree

O curso complétase coa xornada de mañá, venres, na que expertos en márketing como Xosé Teiga (Teiga Studio), Rosa Pumar ( Axencia Imaxe) e Alfonso Pérez (CEO en Foodtec) abordarán a importancia do branding, do páckaging e as tendencias no mesmo. Trala celebración das ponencias, e de degustar dun aperitivo elaborado polo alumnado do

ciclo de panadaría e pastelaría da Efa Piñeiral con produto das empresas colaboradoras no evento, os asistentes poderán participar nas visitas ás empresas Galmesán, Pazo de Santa María e Queixería Barral.

ree




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page