top of page

Catro persoas resultaron feridas nun accidente múltiple en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Catro persoas resultaron feridas nun accidente múltiple en Monterroso. As catro foron evacuadas polos profesionais sanitarios. No mesmo víronse implicados tres vehículos.

Pasados dez minutos das 15:00 horas desta tarde, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactaba co 112 Galicia para informar dun accidente con tres vehículos implicados, na N-640, entre os quilómetros 127-128, en Penas, Monterroso, á altura do Centro Penitenciario.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o 112 Galicia nada máis recibir o aviso puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros de Chantada, do GES de Monterroso, dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do persoal de mantemento da vía.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Unha vez no punto, tanto so Bombeiros como os membros do GES indicaron que catro persoas resultaran feridas e que ían ser evacuadas polo persoal sanitario.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page