top of page

Catro persoas resultaron afectadas por un incendio nunha vivenda

Ecos da Comarca/Xeral

Catro persoas resultaron afectadas por un incendio nunha vivenda en Ferrol. Tal e como informa o 112 Galicia os catro feridos foron trasladados ao Hospital Arquitecto Marcide, dous deles en estado grave. Entre os feridos graves, hai un membro do equipo de extinción e un menor.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O incendio devorou por completo unha habitación, aínda que a totalidade da vivenda resultou danada pola acumulación de fume. Tamén a casa lindeira.


Faltaban apenas uns minutos para as seis desta madrugada cando o 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por un lume nun inmoble situado na Rúa Álvarez de Soutomaior, en Ferrol. Segundo o relato do alertador, había unha persoa asomada a unha xanela e parecía necesitar axuda.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ferrol e pediron a colaboración do equipo de Narón. Igualmente, foron avisados os axentes da Policía Local e Nacional e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois todo apuntaba que había persoas feridas.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Efectivamente, pouco despois, o equipo sanitario confirmou a evacuación de catro persoas. Catro feridos, que foron trasladados ao Hospital Arquitecto Marcide. Dous dos afectados foron conducidos ao centro hospitalario en estado grave, dos cales un é membro do equipo de extinción.Igualmente, cómpre sinalar que entre os afectados hai un menor de idade.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

En canto aos danos causados polo lume, os bombeiros explicaron que ardeu por completo unha habitación, aínda que, en xeral, toda a vivenda resultou danada polo fume, como tamén unha casa lindeira.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page