Catro persoas faleceron nun incendio declarado nun edificio en Vigo
- ecosdacomarca
- 11 oct 2023
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Ademais, 15 persoas necesitaron asistencia médica, das cales 9 tiveron que ser evacuadas a distintos centros hospitalarios da cidade de Vigo.
Entre os trasladados, hai tres persoas en estado grave, unha delas tamén menor de idade.
Recentemente, a menor en estado grave, que foi recibida nun primeiro momento no Hospital Meixoeiro de Vigo, derivouse ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para continuar co tratamento das súas lesións.
Publicidade
Desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Profesional de Psicólogos de Galicia co fin de prestar asistencia especializada a afectados e familiares. Esta atención estase prestando en diferentes puntos, pero tamén no albergue que o Concello de Vigo habilitou para a acollida das familias e damnificados.
En canto ao incendio, os Bombeiros de Vigo comunicaron o remate da súa intervención pasadas as oito desta mañá, cando comprobaron a completa extinción do lume. Un incendio que comezou nas zonas comúns do edificio situado no número 6 da Rúa Alfonso X O Sabio. De feito, das máis de 40 chamadas de persoas particulares que atendeu o 112 Galicia relacionadas con este suceso, varios comentaron que o lume concentrábase no portal.
Publicidade
As primeiras chamadas de alertadores recibíronse no 112 apenas uns minutos antes das catro desta madrugada. Coa información que ían facilitando, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios, isto é, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vigo e Policía Local e Nacional. Máis tarde, incorporáronse os psicólogos do GIPCE e os voluntarios de Cruz Vermella, que afrontaron a asistencia psicosocial.
En definitiva, lamentamos a perda de catro vidas e outras 15 persoas que resultaron danadas por mor desta situación, que continúan investigando as forzas de seguridade.
Commenti