top of page

Catro feridos nun accidente de tráfico na parroquia palense de Orosa

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este luns rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Palas de Rei. No mesmo viuse involucrado un único vehículo e saldouse con varios feridos. O 112 Galicia foi alertado a escasos minutos das catro da tarde.

O accidente de hoxe. Autor: GES Monterroso
O accidente de hoxe. Autor: GES Monterroso

PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Tal e como informa o 112, tratouse dunha saída de vía dunha furgoneta na N-547 á altura da parroquia de Orosa e o GES de Monterroso indicounos que no vehículo viaxaban catro persoas que resultaron todas feridas, aínda que si estaban conscientes en todo momento, e foron trasladadas en dúas ambulancias ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais do GES de Monterroso e das dúas ambulancias, tamén se desprazaron ao lugar a Protección Civil de Palas e a Garda Civil de Tráfico.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page