top of page

Castrofeito, no Pino, honra hoxe á Magdalena con misas e música

Ademais, será festivo local en todo o municipio


Laura Moure/IsmaelRS/O Pino

Este venres, como cada 22 de xullo, na parroquia de Castrofeito (O Pino) celebrarase a festividade en honor a Santa María Magdalena. De feito, será festivo local en todo o municipio. A cita conmemorarase con actos relixiosos e música. As misas arrancarán ás 9:00 horas coa novena e despois haberá unha a cada hora. Mentres, a solemne será ás 13.00 horas e ás 20.00 horas terá lugar a de cambio de funcionistas.

A fonte coa capela de fondo. Autor: Ecos da Comarca.

Este ano, despois da pandemia, a música volve tamén a esta celebración. A sesión vermú estará amenizada pola Charanga NBA e a orquestra Miramar. Mentres a charanga BB+ poñerá o ritmo da sobremesa e xa pola noite actuarán en verbena Miramar e a orquestra Finisterre.


Este é un entorno apacible rodeado dunha carballeira, dispón dunha fonte, a que lle xente adoita acudir ao longo de todo o ano, e no que se atopa unha lagoa, ademais, de mesas e bancos. Antes da pandemia, a xente asistía nesta festividade aos actos litúrxicos e despois pasaban a xornada no lugar desfrutando dunha comida campestre e de música. Ademais, son moitos os que se animan a desprazarse camiñando a este santuario dende distintos puntos da contorna.


Quen foi esta santa?

A festa de Santa María Magdalena, que por vontade do Papa Francisco, foi elevado ao grao de festa o 22 de xullo de 2016 para subraiar a relevancia desta santa muller. María Magdalena foi a primeira en proclamar que Jesús vencera á morte, a primeira en anunciar a gran mensaxe central da Pascua. María Magdalena seguiu a Jesús durante a súa predicación, estivo no Calvario aos pés da cruz xunto a Santísima Virxe María e San Juan e non fuxiu a causa do medo como fixeron os discípulos, nin negou ao Maestro como fixo Pedro, senón que estivo sempre presente dende o momento da súa conversión ata o Santo Sepulcro.


O nome de María Magdalena vén de Magdala, un pobo de pescadores situado á beira occidental do Lago Tiberiades, de onde era orixinaria. O título de “Apóstola de los Apóstoles” foille dado polo Santo Tomás de Aquino.

Conta o evanxelista Lucas, no capítulo oito, que Jesús ía por cidades e pobos anunciando a Boa Noticia do Reino de Deus, e con el ían os 12 apóstoles e algunhas mulleres que foron liberadas de espíritus malignos ou curadas de enfermidades, e que lles servían cos seus bens. Entre elas estaba María, chamada Magdalena, da que saíron sete demos.

O entorno da capela da Magdalena.

Autor: Ecos da Comarca.







0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page