top of page

Case 800 peregrinos pasaron pola Oficina de Turismo do Pino entre xullo e outubro

O 54% dos turistas que precisaron os seus servizos eran españois chegados

principalmente de Andalucía, Madrid e Cataluña


Laura Moure/O Pino

O Camiño de Santiago segue a manter o seu atractivo e reclamo, como o demostran os 789 visitantes que acudiron de xeito presencial á oficina de turismo do Concello do Pino

no período comprendido entre o 10 de xullo e o 17 de outubro de 2023 e, especialmente, o elevado número de consultas por correo electrónico e teléfono de persoas de todo o mundo co obxectivo de planificar a súa viaxe ao longo de todos estes meses.


O Pino é parte fundamental do Camiño por dous factores: é o municipio galego que máis quilómetros ten do Camiño Francés, xa que o atravesa dende a parroquia de Medín ata Castrofeito; e O Pedrouzo é o punto de partida da última etapa do mesmo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ambas cuestións subliñan a importancia turística do concello que de novo neste ano 2023 mantén a tendencia a alza no número de visitantes, poñendo así de manifesto o cada vez maior interese que esperta o Camiño de Santiago fronte aos prognósticos que sinalaban que habería unha baixada moi significativa tras o Xacobeo 21-22.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nacionalidades

Neste 2023, a maior parte dos turistas que acudiron á Oficina de Turismo foron españois (un 54% do total), especialmente durante os meses de xullo a agosto, con protagonismo para os chegados das comunidades autónomas de Andalucía, Madrid e Cataluña. Das persoas que acudiron de países da Unión Europea, o maior número o fixeron dende Italia, así como de Francia e Alemaña. Os visitantes do Xapón e de Corea do Sur seguen a ser os máis fieis ao Camiño, pero no Pino tamén chegaron turistas procedentes de Estados Unidos e de Canadá.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Motivacións

Entre as razóns que motivan aos peregrinos a achegarse ata a Oficina de Turismo municipal, o principal é loxicamente buscar o selo para a Compostela, aínda que tamén os hai que precisan información sobre aloxamento, establecementos de hostalería para comer, chamar a un taxi ou o horario de apertura da catedral de Santiago e da Oficina do Peregrino en Compostela.


Outro dato que chama a atención é que os xoves e os venres son os días de maior afluencia de peregrinos xa que a maior parte deles buscan pasar o fin de semana en Santiago. As necesidades deste servizo determinaron que o grupo de goberno do Pino contratase a un informador turístico por medio da empresa Os ventos, grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page