Carlos Núñez actuará o 30 de novembro na igrexa de Monterroso
- ecosdacomarca

- hace 3 minutos
- 1 Min. de lectura
Está organizado pola Asociación Sociocultural Falcatrueiros, que celebra así os seus 40 anos no mundo da cultura e o folclore galego
Ecos da Comarca/Monterroso
O 30 de novembro a igrexa de Monterroso acollerá un concerto do artista Carlos Núñez. Haberá dous pases: un ás 19 horas e o outro ás 21 horas.

Publicidade
"O noso músico máis internacional celebra o 30 aniversario da Irmandade das Estrelas, o disco que revolucionou a música celta e converteuse nun fito da cultura galega. Acompáñanos a vivir esta experiencia única, na que gozaremos de tres décadas de aventuras, descubrindo conexións sorprendentes e creando, xuntos, unha nova irmandade ao redor do mundo. Ven a Monterroso da man da Asociación Sociocultural Falcatrueiros, que celebra así os seus 40 anos no mundo da cultura e o folclore galego".
Publicidade








Comentarios