top of page

Caramuxo Teatro actuará este sábado en Arzúa dentro dos Sábados en familia

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este sábado a segunda actuación encadrada no programa Sábados en familia incluído na programación cultural Outono a escena pensada para dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofrece este sábado, 18 de outubro, unha proposta para público infantil e familiar a partir dos 4 anos co espectáculo A nena que vivía nunha caixa de mistos da compañía Caramuxo Teatro.

ree

Trátase dun espectáculo inspirado no conto de A vendedora de mistos de Andersen. Unha peza cunha linguaxe contemporánea que aborda a pobreza infantil e a orfandade cunha mensaxe positiva sobre o poder do cambio. Unha proposta de teatro de actriz e monicreques case sen palabras que recorda ás películas clásicas en branco e negro. O espectáculo conta con música en directo e é a terceira pata da compañía sobre contos populares que empezou con As fabas máxicas, continuou con Feo (Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil) e remata con esta peza.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A función terá lugar ás 18:00 horas na Capela da Madanela e a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García anima “a todas as familias a participar neste espectáculo para achegar ás nenas e aos nenos á cultura” tendo en conta, ademais, segundo salienta o concelleiro que “se está facendo un importante esforzo na programación de actividades dirixidas a público infantil e familiar, como o demostra que sete dos trece espectáculos do programa de outono son dirixidos especialmente a este tipo de público”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page