top of page

“Camiños de Estrelas” chega a Arzúa a través dunha xornada de observación astronómica

Será o día 11 de agosto no Cruceiro de Santa María e o aforo é reducido


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Turismo de Arzúa informa que o vindeiro mércores 11 de agosto levaráse a cabo no Cruceiro de Santa María (Campo da festa) ás 22:00 horas, unha das xornadas astronómicas do programa Camiños de Estrelas-Xacobeo21-22 que a USC, a través do OARMA, propuxo desenvolver á Axencia de Turismo de Galicia en localidades polas que pasan as Rutas Xacobeas do norte.


A actividade terá dúas fases. Na primeira delas farase unha presentación na que non só se

abondará nos obxectos que logo vanse observar, senón que, e sobre todo, se falará sobre a secular relación do Camiño de Santiago coa Vía Láctea, guía fundamental nos amenceres do verán xa que logo a posición da Galaxia neses momentos está en dirección leste – oeste, marcando polo tanto o sentido cara o sepulcro do Apóstolo Santiago.


A segunda fase de observación astronómica terá á su vez dúas partes. Unha primeira na que se identificarán constelacións a simple vista, así como a propia Vía Láctea, e unha segunda na que farase uso de telescopios portátiles cos que poder ver con todo detalle a Lúa, os planetas Xúpiter e Saturno, estrelas dobres, nebulosas, etc.


Durante a duración das observacións, os profesores e monitores estarán non só pendentes das preguntas e consultas dos asistentes, senón que continuamente comentarán cousas en relación cos obxectos que se observan, propiedades físicas, curiosidades, mitoloxía, anécdotas, etc., sempre co fin de que as actuacións sexan atractivas e amigables a todo o público asistente.


O aforo é reducido, e o acceso á actividade será por orde de chegada. Levarase a cabo sentados, gardando a distancia e cumprindo sempre coas medidas de seguridade vixentes.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page