top of page

Bruxo Queiman leva o seu espectáculo ‘Queiman Folki’ ata O Pino o 4 de setembro

25 ago 2021
1 min de lectura

Celebrarase na Praza do Concello a partir das 22:00 horas tras aprazarse o pasado 31 de xullo debido ao Covid


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino recupera o vindeiro 4 de setembro un dos espectáculos que se suspenderon o 31 de xullo debido a elevada incidencia da covid-19 no municipio. O primeiro sábado de setembro Bruxo Queiman ofrecerá o seu espectáculo de lume Queiman Folki na Praza do Concello a partir das 22.00 horas. O espectáculo, no que interveñen o Bruxo Queiman e as Bruxas Peregrinas, mestura o tradicional conxuro coa fundamental exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, e do folclore galego. Está enfocado á exaltación da terra, a súa gastronomía e as súas paisaxes.

A paixón, o sentimento e a forza escénica están presentes en Queiman Folki, no que se van alternando a música folk e celta coas danzas, a pirotecnia fría e moito lume. O público asistente participará tamén dun sorprendente ritual da queimada.


Acceso gratuíto previa reserva de entrada

A entrada ao espectáculo é gratuíta, pero é necesario reservar invitacións por motivos de aforo. As persoas interesadas, poderán reservar ata un máximo de seis entradas dende este martes ata as 14.00 horas do venres 3 de setembro chamando ao teléfono 981 51 10 65 (de luns a venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas) ou enviando un correo electrónico a cultura@opino.gal, no que terán que facer constar nome, DNI e número de teléfono. Todos os asistentes permanecerán sentados, en cadeiras individuais, que manterán entre elas unha separación de 1,5 metros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page