top of page

Bota a andar hoxe, 26 de xuño, a segunda edición de 'O Xardín dos Contos' de Arzúa

Trátase dun programa de animación á lectura con tres sesións de contacontos ao aire libre no xardín da Casa de Correos


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza dentro da programación cultural do verán a segunda edición do programa de animación á lectura baixo o título de O Xardín dos Contos con tres sesións de contacontos nos meses de xuño, agosto e setembro dirixidos a público infantil e familiar.

As actividades escollidas para esta edición son os espectáculos Contos en lila de Cris de Caldas, Cabicivai de Pablísimo e unha sesión de cine familiar inspirada nunha obra literaria infantil.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O primeiro deles, Contos en lila, terá lugar hoxe, xoves, 26 de xuño, a partir das 19:30 horas no Xardín da Casa de Correos. Contos en lila é un espectáculo no que das caixas máxicas dos contos saen carapuchiñas que non saben o seu conto, dragóns que parecen galos de curral, traballadoras en folga, princesas de pernas tortas e un neno que chora e provoca unha revolución. Un contacontos para facer que o mundo siga a ser azul pero cunha visión lila. Un mundo mellor, máis igualitario e xusto. Con princesas valentes, nenos con dereito a chorar e mulleres donas das súas decisións.


As dúas sesións restantes levaranse a cabo os xoves 7 de agosto e 4 de setembro tamén no Xardín da Casa de Correos. A entrada será libre e de balde.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida ás familias a “participar nesta proposta que fomenta a lectura, un dos piares da programación cultural ao longo de todo o ano”. Ademais, anima a “arzuás, arzuáns e visitantes a gozar da cultura e do lecer nun espazo idóneo como é o Xardín da Casa de Correos despois do éxito da primeira edición levada a cabo o ano pasado”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page