Boro, o can que vivíu a traxedia ferroviara de Córdoba, xa está coa súa familia
- ecosdacomarca

- hace 59 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Partido Animalista PACMA anuncia que Boro, o can perdido tras o accidente ferroviario de Adamuz este domingo, foi rescatado durante a mañá deste xoves 22 de xaneiro polos bombeiros forestais do INFOCA.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Na tarde de onte, axentes ambientais avistaron ao animal, o que xerou unha gran confusión, xa que se deu a entender publicamente que Boro estaba localizado cando en realidade só fora visto, sen que se lograse capturar e quedando de novo en paradoiro descoñecido.
Publicidade
Finalmente, durante a mañá deste xoves, o dispositivo logrou localizar e asegurar ao animal nunha zona próxima ao lugar do accidente, e Boro reuniuse xa cos seus familiares, pechando así varios días de intensa preocupación e procura.
Publicidade
Desde PACMA celebran o desenlace positivo dun caso que mobilizou a numerosas persoas voluntarias e que volveu poñer de manifesto a necesidade de contar con protocolos claros e recursos específicos para animais en situacións de emerxencia.








Comentarios