top of page

AVA interésase pola posta en funcionamento e condicións da pista de pádel que se construíu en Antas

"Non conta, polo momento, nin con cuberta nin cun chan apropiado para o exercicio deste deporte", considera esta formación política


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A finais do 2021 construíuse unha pista de pádel ao carón da nave do Concello situada en fronte da gasolineira de Antas de Ulla. "Polo momento, a veciñanza non ten información precisa sobre dita obra nin a súa xestión", sinala a Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA), que vén de dirixir unha pregunta ao pleno co obxectivo de verter algo de luz sobre a mesma.

O grupo político entende que "a cidadanía debe saber como será a xestión de dita pista: os usuarios que poderá ter, se será de acceso gratuíto ou non, cando se prevé a súa apertura…".


“Doutra banda, gustaríanos saber se está contemplado, entendemos que si, pechala por riba e cambiar o chan, dado que non se pode usar axeitadamente nas condicións nas que está polo momento”, considera a concelleira do grupo María Gontá.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page