AUTORIDADE: Aquí mando eu
- IsmaelRS

- 4 jun
- 2 min de lectura
IsmaelRS/Xeral
Hoxe gustaríame que nos detivésemos un momento para reflexionar sobre algo que estivo circulando con moita forza polas redes sociais nestes últimos días e que seguramente moitos de vós xa vistes. Falo dese vídeo que se fixo viral onde un policía golpea de xeito bastante brusco a unha señora de sesenta e oito anos que simplemente estaba exercendo o seu dereito fundamental a manifestarse.

Este tipo de imaxes fannos pensar moito sobre o punto no que nos atopamos como sociedade e sobre como entendemos a autoridade e o respecto cara aos demais. Cando calquera de nós sae da casa pola mañá para cumprir co seu traballo ou coas súas obrigas deberiamos levar sempre presente unha idea fundamental e é que non debemos sobrepasarnos nunca nas nosas funcións.
O feito de ter un uniforme unha placa ou calquera tipo de posición de mando non significa que teñamos unha inmunidade completa para actuar sen empatía ou sen medir as consecuencias dos nosos actos. A autoridade debería ser unha ferramenta de servizo e protección non un escudo para exercer unha forza que moitas veces resulta totalmente fóra de lugar e desproporcionada. Pero isto que vemos no vídeo non é algo illado nin exclusivo das forzas de seguridade senón que é extrapolable a moitas situacións da nosa vida cotiá.
PUBLICIDADE
Pensade por exemplo en algo tan sinxelo como cando imos a unha gran superficie comercial. Cantas veces vemos os carros da compra todos ciscados abandonados fóra do seu lugar habitual só porque alguén non quixo camiñar dez metros máis. Ou cando imos camiñando pola rúa e vemos todo cheo de lixo papeis ou botellas que alguén decidiu tirar ao chan sen máis. Estes pequenos xestos din moito de quen somos.
Cando facemos algo así deberiamos pararnos un segundo e pensar en quen vai recoller ese carro ou quen vai varrer ese lixo. Seguramente se pensásemos que a persoa que ten que facer ese esforzo extra é a nosa propia nai ou a nosa irmá as cousas cambiarían moitísimo. Se tivésemos esa imaxe na cabeza seguro que todo estaría moito máis limpo e coidado porque o respecto empezaría pola proximidade e o cariño.
PUBLICIDADE
O mesmo pasa co tema do policía e a señora. Se ese axente vise nesa muller de sesenta e oito anos o reflexo da súa propia familia seguramente non usaría ese tipo de forza desproporcionada. Ao final o futuro da nosa convivencia depende precisamente de recuperar esa visión humana e de entender que detrás de cada persoa hai unha historia e un dereito a ser tratada con dignidade. Se somos capaces de poñernos no lugar do outro sexa nunha manifestación no supermercado ou na rúa construiremos un país moito mellor para todos.








Comentarios