Atopan a unha nonaxenaria que estivo horas perdida en Monterroso
- ecosdacomarca
- 6 jul
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Este domingo estableceuse un dispositivo de busca na parroquia monterrosina de Valboa. Unha muller de 90 anos desapareceu a primeira hora da mañá, sobre as 8:00 horas, do lugar da Illa.

Publicidade
Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil e os efectivos do GES de Monterroso. Sobre as 13 horas deste domingo o dispositivo rematou con bos resultados: xa que foi localizada a anciana.
Publicidade
Apareceu nunha cuneta no lugar de A Regueira, pertencente tamén á parroquia de Valboa, e segundo fontes oficiais alí presentes, este sitio está a uns 2 quilómetros das súa vivenda. Foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario para comprobar se se atopaba ben.
Comentários