top of page

Atopan a un pai e ao seu fillo falecidos nunha vivenda despois de arder un sofá

Ecos da Comarca/Xeral

Atopan a dúas persoas falecidas, un pai e un fillo, nunha vivenda en Mugardos despois de arder un sofá. A acumulación de gases tras arder o sofá é a causa máis probable que provocou a intoxicación, tal e como informa o 112 Galicia.

A vivenda onde pasou a traxedia. Autor: Garda Civil.
A vivenda onde pasou a traxedia. Autor: Garda Civil.

As dúas persoas, un pai, de 49 anos, e o seu fillo, de 21, foron atopados por un familiar que se achegou ao domicilio situado na Rúa Dos Catro Ventos, en Mugardos,  tras non poder contactar con eles. Atopounos a un tendido na cama e ao outro no chan.


Ao fío das 10:00 horas desta mañá foi cando este familiar comunicou o achado ao 112 Galicia. Indicaba que estaba todo queimado, sen embargo, aseguraba que non había nin lapas, nin fume, nin risco de derrube.



 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato desde o 112 Galicia pasouse aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Eume e de Ferrol, ao GES de Mugardos, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados o persoal da empresa subministradora do gas e os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catásfres e Emerxencias, GIPCE, por se fose necesaria a súa intervención para atender aos familiares das vítimas. De feito,  os axentes da Policía Local unha vez no punto, solicitaban ao 112 Galicia unha ambulancia para unha persoa que sufría unha crise de ansiedade.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A Policía Local comunicou que se trataba dunha casa unifamiliar, así mesmo, os Bombeiros do Eume e os membros do GES de Mugardos, indicaron que unicamente ardera un sofá pola noite e que non se propagara a nada máis. Iso si, a acumulación dos gases puido ser a causa do falecemento das persoas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page