top of page

Asinan o novo convenio colectivo e a RPT do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O mandatario provincial comprometeuse a dar estabilidade e seguridade laboral aos profesionais que prestan este servizo público “esencial na protección das persoas”


Ecos da Comarca/Xeral

O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca; o Presidente do Comité de Empresa, Álvaro Negueira Fernández; o Vicepresidente do Consorcio e representante da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva Álvarez; e os diferentes representantes sindicais, asinaron este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o novo convenio colectivo e a Relación de Postos de Traballo (RPT). 

“Hoxe é un día moi importante para a nosa provincia”, valorou o mandatario provincial, quen se comprometera a traballar para dar estabilidade e seguridade laboral aos profesionais que prestan este servizo público “esencial na protección das persoas e dos seus bens fronte a incendios e outras emerxencias”. Este acordo é o primeiro deste tipo que se firma en Galicia e chega tras máis dun ano de negociacións para reforzar a calidade do servizo, recoñecer o labor que desenvolven os bombeiros, darlles seguridade e mellorar as condicións económicas, contribuíndo a dignificar a figurar dos bombeiros na sociedade. 


O texto recolle, entre outras melloras, a incorporación de 26 efectivos, un aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, redución de 158 horas anuais –das 1.800 horas que facían actualmente ás 1.642 horas acordadas-, recoñecemento como persoal laboral fixo dos traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación do pasado 1 de maio do 2019, permisos e licenzas, melloras no equipamento e roupa de traballo, redución da mobilidade entre parques comarcais, axudas sociais ou a disposición de días de asuntos propios.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo, conformado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%,  inclúe os parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page