As parroquias do Pino recibirán a visita dos Reis Magos o venres 5 de xaneiro
- Laura Moure
- 30 dic 2023
- 1 Min. de lectura
As Súas Maxestades comezarán o percorrido dende o campo da festa de Pereira ás 10:45 horas
Laura Moure/O Pino
A cativada do Pino recibirá a visita dos Reis Magos de Oriente o venres 5 de xaneiro. Os nenos e nenas das diferentes parroquias do municipio protagonizarán esta xornada máxica e chea de nervios na que poderán conversar coas das Súas Maxestades e mesmo entregarlles as cartas que quedaran sen enviar.

Os principais puntos de encontro serán os campos da festas parroquias, excepto en
Castrofeito, que chegarán un ano máis á Escola de Santiso, e en San Miguel de Cerceda,
coa recepción na Igrexa.
Publicidade
O percorrido comezará en Pereira ás 10:45 horas, pasando ao longo da mañá por
Castrofeito (11:10 h.), Budiño (11:35 h.), O Pino (12:00 horas), Gonzar (12:20 h.), Medín
(13.00 h.), Pastor (13:30 h.) e Lardeiros, ás 13:50 horas.
Xa pola tarde, a comitiva retomará o itinerario ás 17:30 horas na parroquia de San Breixo,
para continuar por San Mamede (17:45 h.), San Miguel de Cerceda (18:05 h.) e Cebreiro
(18:30 horas).
Publicidade
Ás 19:30 horas a cita será no polideportivo municipal de Reboredo, en Arca, onde terá
lugar a recepción oficial.
Mentres as nenas e os nenos do Pino agardan a chegada da cabalgata poderán gozar coa
animación, os inchables e a festa organizada no polideportivo municipal de Reboredo.
Publicidade
Neste tempo de espera o Concello aproveitará para entregarlle os seus agasallos ás persoas gañadoras dos premios do Concurso de Postais.
A xornada rematará cunha chocolatada e roscón de Reis a todas as persoas asistentes.
Comentários