top of page

As obras da área de descanso da Fervenza das Hortas, en Arzúa, encaran a súa recta final

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, visitou os traballos, que estarán rematados a finais deste mes, e salientou a súa importancia para reforzar o modelo de destino verde


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa continúa avanzando na posta en valor dos seus espazos naturais e turísticos. As obras de acondicionamento da área de descanso situada na parroquia de Dombodán, na baixada á Fervenza das Hortas, progresan a moi bo ritmo e está previsto que rematen a finais deste mes de outubro.

ree

O proxecto conta cun investimento de 37.772,79 euros, financiado maioritariamente pola

Axencia de Turismo de Galicia, que achega 30.000 euros a través do programa de mellora das infraestruturas turísticas. O Concello de Arzúa asume a parte restante. Esta intervención permite mellorar o acceso e habilitar unha zona de descanso máis cómoda e

funcional nun dos enclaves naturais máis emblemáticos do municipio.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante a súa visita, a concelleira de Turismo e Acción Urbana, Begoña Balado, destacou

que “é unha satisfacción ver como este proxecto se fai realidade nun espazo tan querido como a Fervenza das Hortas. Con actuacións coma esta seguimos avanzando cara un

modelo de turismo verde e sostible, que respecta o medio e reforza a calidade do destino

Arzúa.”


Un proxecto para mellorar o acceso e o entorno da fervenza

Os traballos inclúen a mellora do acceso dende a estrada CP-0605, coa limpeza de gabias e da superficie do viario, así como o rebacheo con tratamento asfáltico. Tamén se está a crear un espazo de aparcadoiro na zona alta, mediante zahorra compactada e valado de madeira, e o acondicionamento da área de descanso con novo mobiliario de madeira —catro mesas con bancos, un banco illado, unha pérgola, un panel informativo e

catro papeleiras—. Ademais, prevese a limpeza e preparación dos noiros, a plantación de 17 árbores autóctonas e unha xestión responsable dos residuos, en cumprimento da normativa ambiental vixente.

.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A finalización das obras reforzará o compromiso de Arzúa co turismo sostible e coa conservación dun destino verde que xa é un referente turístico



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page