top of page

As filloas recheas de cocido sorprenderon no Mercado de Nadal de Boimorto

A chef Nair González elaborou este prato en honor ao seu “segundo pai”, natural de Boimorto, no Espazo Gastro da Deputación da Coruña


Laura Moure/Boimorto

Se Papá Noel foi na tarde do sábado a gran atracción para a cativada na terceira edición do Mercado de Nadal de Boimorto, a filloa de cocido sorprenderon tamén ás persoas adultas que asistiron ao showcooking despois de visitar os postos de artesanía, alimentación, agasallos que se deron cita no polideportivo municipal de Boimorto.

ree

“A filloa rechea de lacón con grelos, salsa de garavanzos e aceite de chourizo é un prato en honor ao meu segundo pai, que era de Boimorto, e que sempre me pedía que llo preparara”. Así se presentou o sábado no Mercado de Nadal Nair González, que “naceu nunha cociña” hai 43 anos. “Cando meus pais abriron o restaurante Muelle 43 eu tiña un mes”, dixo quen se define a si mesma como “cociñeira mellor que chef”.


A elaboración desta filloa sorprendeu ao público que asistiu ao showcooking, por ser “un prato de aproveitamento que está boísimo”, como indicaban algunhas das persoas presentes.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Mercado de Nadal de Boimorto abriu a súa terceira edición na mañá do sábado no

polideportivo de Boimorto con postos de artesanía, alimentación e agasallos de Nadal. Entre eles atopouse un moi especial, chamado ‘Man solidaria’, atendido por persoal da residencia municipal de maiores nos que se puido adquirir produtos elaborados ou doados polas persoas residentes. O que se recaudou será destinado para facer unha actividade especial na residencia.


Pola tarde, Papá Noel apareceu no Mercado de Nadal repartindo ilusión e moita alegría entre a cativada. Nenos e nenas achegáronse para falar con el, entregarlle as súas cartas e lembrarlle que non se esqueza de traerlle os seus regalos favoritos. O espectáculo de música e maxia do Mago Teto Rocik ‘N’Magic puxo o colofón a un intenso día.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Mercado de Nadal volveu abrir onte, domingo, no polideportivo de Boimorto. Ademais do Espazo Gastro da Deputación, no que Nair González seguirá facendo pratos elaborados con produtos de proximidade, houbo obradoiros e a entrega de premios do

concurso de Decoración de iluminación de Nadal.


Papá Noel chegou de novo pola tarde para recibir a cativada ata o peche do mercado, sobre as seis da tarde.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page