top of page

As fazañas dun Policía Nacional de Palas de Rei que foi noticia en máis dunha ocasión

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este luns coñeceuse a noticia nos distintos medios de comunicación de que dous axentes da Policía Nacional lograron que en plena medianoite unha moza de 19 anos se tirase dende un paso elevado na intersección da rúa Álvaro Cunqueiro e a Avenida Alfonso Molina, da cidade da Coruña. Este mércores coñecemos que un destes axentes da autoridade é natural de Palas de Rei. Ademais, este mesmo axente, destinado na cidade herculina, xa foi noticia en máis dunha vez por outras fazañas que axudaron a salvar vidas.

Servir e protexer é o lema da Policía Nacional e sen dúbida, este axente palense cumpre con creces. En agosto do ano pasado, cando se atopaba fóra de servizo evitou un crime machista e meses antes detivo a un home que golpeou e intentou violar a dúas mulleres na Coruña.





0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page