top of page

As EFAs de Galicia, entre elas a de Arzúa, celebran o seu 50 aniversario con máis de 17.000 alumnos

O conselleiro de Medio Rural, José González, clausurará o encontro, que vai reunir a 1.500 persoas hoxe, xoves, no Palacio de Congresos de Santiago


Laura Moure/Arzúa

Os Centros de Promoción Rural – EFA de Galicia. incluida a de Arzúa, van celebrar o seu 50 aniversario hoxe xoves, 22 de xuño, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento reunirá a partir das 18:00 horas a unhas 1.500 persoas, entre representantes institucionais, empresas e tamén membros da comunidade educativa.

ree
A EFA Piñeiral de Arzúa.

No transcurso da xornada visibilizarase o traballo que ao longo destes anos levaron a

cabo estas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción do medio

rural, poñendo en valor a xente e os recursos do rural galego como xeradores de emprego

e riqueza no territorio. Na actualidade en Galicia existen tres centros: A Cancela (As

Neves-Pontevedra), Piñeiral (Arzúa-A Coruña) e Fonteboa (Coristanco-A Coruña).

O encargado de abrir o acto será o presidente da Federación EFAs de Galicia, Gabriel

Tirapu. A secretaria xeral da Federación, Belén Rodríguez, fará balance dos 50 anos dos

Centros de Promoción Rural na nosa comunidade. De seguido, celebrarase unha mesa

redonda, coa participación de exalumnos que conseguiron insertarse laboralmente no

rural, emprendendo proxectos propios.

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pedro Puig-Calvó, experto en Formación Profesional Dual e en formación no ámbito rural,

cunha longa traxectoria en países de Europa, América e África, abordará a visión de

futuro das EFAs. Participarán tamén a conselleira delegada do Grupo Lence-Leite Río,

Carmen Lence; e o director de Abanca Agro, Jesús Combarro.


Unha formación adaptada aos novos retos do territorio

A EFAS buscan a inserción profesional dos mozos no rural. Nesta liña, superan os 7.000

alumnos formados no ámbito da formación regrada e os 10.000 na non regrada. A

secretaria xeral da Federación EFAs de Galicia, Belén Rodríguez, indica que “un aspecto

salientable dos Centros de Promoción Rural é o feito de que estamos permanentemente

atentos aos cambios que vai experimentando a contorna para detectar as necesidades

que van xurdindo en cada momento e así vemos o que podemos aportar a través da

formación. Co tempo foise modificando a oferta formativa, que inicialmente era

exclusivamente agraria, para adaptarse aos novos retos do territorio”.


En relación ao impacto das EFAs no rural, o presidente do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, José Manuel Iglesias, considera que os mozos e mozas que hoxe se forman nestes centros -cos que o Clúster realiza proxectos conxuntos- xogarán un papel destacado no futuro do sector da madeira. “Cremos firmemente no traballo fundamental que desenvolven as EFAs de Galicia, que garanten a supervivencia dalgúns sectores como o da madeira, que comezaron a sufrir a falta de traballadores formados” -manifesta.


Pola súa parte, o secretario xeral de Unións Agrarias-UPA, Roberto García, pon de relevo que as EFAs permiten “amosar a realidade do sector á mocidade, achegando aos futuros profesionais unha visión máis apegada ao día a día, poñendo en valor a actividade agrogandeira e promovendo así o relevo xeracional”.


Durante o acto terá lugar a imposición de becas e a entrega de diplomas ao alumnado

que se gradúa este curso. O conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, será o

encargado de clausurar o encontro.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O evento conta coa colaboración de empresas e entidades como a Consellería do Medio

Rural, Abanca Agro, Ence, Gadisa, Lactalis, Leche Río, Aguas de Mondariz, Bico de Xeado, Fundación Juana de Vega, Fundación Abriendo Caminos, Fundación Roberto Rivas, Viveros Growin, Xenética Fontao, Navigator Company, Bosch, Ecoenner, Agricor,

Construcciones Espiño, Embutidos Domínguez, Progrando, Cooperativa Agraria Provincial,

Inleit e o Concello de Coristanco.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page