top of page

As comarcas terán hoxe xoves os ceos con nubes altas e temperaturas moi elevadas

14 jul 2022
1 min de lectura

IsmaelRS/Xeral

Galicia continuará baixo influencia anticiclónica, co anticiclón centrado ó suroeste das Illas Británicas e o embolsamento de aire frío en altura no Atlántico ó oeste de Portugal. Con esta situación, teremos outro día de moita calor na nosa Comunidade, con ceos con intervalos de nubes altas e brétemas costeiras no litoral norte e noroeste nas primeiras horas. Ao longo da tarde medrarán nubes de evolución en zonas altas que poden dar lugar a chuvascos treboentos dispersos. As temperaturas non terán cambios significativos ou ascenderán puntualmente as mínimas. Os ventos soprarán do leste e nordés, fortes nos arredores de Ortegal. Réxime de brisas nas Rías Baixas, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page