top of page

Arzúa terá unha variada programación cultural que arrancará o día 28 e se prolongará ata setembro

Garantirase todas as medidas anticovid

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa xa deu a coñecer a súa programación cultural que arrancará o 28 de xuño e se prolongará ata setembro. A iniciativa abrangue diversas actividades e espectáculos pensados para todos os gustos e idades.


XUÑO Luns 28. Día da Diversidade Sexual: Cine coa proxección de Call me by your name. Telecentro | 20:00 horas.


XULLO Xoves 8. Música na feira: O Bringuelo. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 12:00 horas.

Xoves 22. Música na feira: Herba Grileira. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 12:00 horas.

Xoves 22. Ciclo de música na rúa En Aberto: Rubens Consort. Praza de Galiza | 21:00 horas. (En caso de mal tempo: Capela da Madanela)

Domingo 25. Arzúa Viva. Actividades de lecer e cultura urbana. De 17:00 a 21:00 horas. *Máis información na cartelería específica deste evento e en redes sociais.

Xoves 29. Ciclo de música na rúa En Aberto: Aldara. Praza de Galiza | 21:00 horas (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)


AGOSTO Do 3 ao 31. Exposición Bo Camiño. Capela da Madanela | 19:00-21:00 horas (de martes a venres). A inauguración será o martes 3 ás 19:00 horas.

Xoves 5. Ciclo de música na rúa “En Aberto”: MJ Pérez. Praza de Galiza | 21:00 horas (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)

Domingo 8. Música na feira: A Maristela. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 12:00 horas.

Xoves 19. Ciclo de música na rúa En Aberto: Sabela King Trío. Praza de Galiza | 21:00 horas. (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)

Domingo 22. Música na feira: Luar das Augas. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 12:00 horas.

Xoves 26. Ciclo de música na rúa En Aberto: Acordeireta. Praza de Galiza | 21:00 horas. (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)

Martes 31. 2º Serán Cativo: Xogos tradicionais e espectáculo A formiga no carreiro de Rilo & Penadique. Praza de Galiza | 18:00 horas (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo).


AVANCE SETEMBRO Venres 10. Arte na rúa (intervención artística colectiva ao aire libre). Rúa Cima do Lugar e Praza de Galiza | 10:30-13:30 horas. Inauguración da exposición das obras creadas ás 19:00 horas.

Do 13 ao 24. Exposición Arte na rúa. Capela da Madanela | 19:00-20:30 horas (de luns a venres).


• Garantiranse as medidas vixentes de hixiene e protección.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page