top of page

Arzúa súmase á Área de lingua da Deputación para o impulso de grupos de conversa en galego

O grupo nesta localidade comezará a funcionar en febreiro e reunirase todos os luns


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa porá en marcha no mes de febreiro un novo grupo de conversa en galego dentro do proxecto “Falarmos…Nós”, unha iniciativa impulsada pola Área de Lingua da Deputación da Coruña en colaboración cos Concellos,  para fomentar o uso oral da lingua galega no día a día e crear unha rede de espazos de encontro arredor da lingua.

O grupo de Arzúa comezará a funcionar en febreiro e reunirase todos os luns, de 11:00 a 12:00 horas, na Casa de Correos. Trátase dun espazo aberto a persoas de todas as idades que queiran practicar galego nun ambiente distendido, participativo e sen xuízos, independentemente do seu nivel.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Neste sentido, a concelleira de Normalización Lingüística, Lucía López, sinala que “hai unha parte da poboación con interese en falar galego que non o fai por falta de confianza. “Falarmos…Nós” nace para ofrecer un espazo amable, afastado do enfoque académico, onde a conversa e a práctica cotiá axuden a estas persoas a gañar seguridade na competencia lingüística en galego, desterrar prexuízos sobre a nosa lingua e contribuír, así, á súa plena normalización a todos os niveis” dixo a edil arzuá. 

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Falarmos…Nós” aposta pola conversa como ferramenta principal para a aprendizaxe do galego. “A través destes grupos, búscase normalizar o uso da lingua e crear conciencia da importancia de falalo no día a día e a súa presenza en todos os ámbitos sociais para manter viva a nosa lingua propia” explicou Lucía López.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

As persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse persoalmente na oficina do Servizo de Normalización Lingüística (Casa do Concello) ou contactando no 981 500 000 ext. 171.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page