top of page

Arzúa rende homenaxe ás Letras Galegas cun acto aberto ao público este xoves

Laura Moure/Arzúa

Con motivo do Día das Letras Galegas dende o Depatamento de Cultura do Concello de Arzúa levarase a cabo un acto de homenaxe ás nosas letras coa colaboración dos centros escolares o vindeiro xoves, 15 de maio ás 12:00 horas. A iniciativa contará coa participación das aulas de 5º e 6º de Primaria e de 1º da ESO dos centros educativos da vila.

Ás 12 do mediodía terá lugar a apertura do acto a cargo do concelleiro de Cultura, José Luís García, para posteriormente dar paso ao alumnado dos centros de ensino que farán unha introducción e unha lectura colectiva de poemas de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.


O evento pecharase coa actuación musical a cargo de Unto Vello. Unto Vello é un proxecto que nace das recollidas da música tradicional que fan os seus integrantes, o veciño de Brandeso Bieito Pereira e Xabi Gómez. De recente creación, están publicados dous sinxelos, Corcubión-Corralín e Adelaida, o primeiro deles cunha peza recollida en Asturias, o lugar máis lonxe onde foron recoller xuntos. A súa música está dedicada ao baile tradicional, facendo que nos directos o público poda bailar e crear comunidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unto Vello débese a todas as cantareiras que nos deron os seus saberes e que o dúo respetan á hora de crear as súas pezas, polo que, como manifesta García López “será unha actuación idónea para conmemorar as nosas letras e especialmente á poesía popular oral para recoñecer a súa importancia, que acompaña a nosa sociedade desde sempre”.


O lugar escollido para o acto é a Praza de Galiza que será trasladado, en caso de mal tempo, ao Multiusos Terra do Queixo. A participación está aberta a todos os públicos.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page