top of page

Arzúa recibe unha axuda da Deputación para un proxecto de recuperación da memoria democrática

A deputada Sol Agra e o alcalde de Arzúa Xoán Xesús Carril presentaron a resolución provisional do programa FO208/2026, do que son beneficiarios nove concellos


Laura Moure/Arzúa

A Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña presentou onte en Arzúa a resolución provisional do programa FO208/2026, destinado a financiar a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos, a realización de actividades de divulgación e a sinalización de espazos vinculados á recuperación da memoria democrática. No acto participaron a deputada de Dereitos Civís, Sol Agra Tuñas, e o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e o concelleiro Daniel Moscoso.

Ao abeiro destas axudas, a Deputación achegará 57.892,33 euros a nove concellos da provincia. Os municipios beneficiarios son A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Camariñas, Mañón, Monfero, Pontedeume, San Sadurniño, Santa Comba e Valdoviño. As contías oscilan entre os 3.000 e os 10.000 euros, segundo os proxectos presentados e os criterios establecidos na convocatoria.


Entre as iniciativas apoiadas cómpre sinalar actuacións de investigación e divulgación sobre a represión franquista, proxectos comunitarios de recuperación da memoria democrática, actividades de homenaxe ás vítimas, eliminación de elementos de exaltación da ditadura e propostas de sinalización e posta en valor de espazos de memoria.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Durante a presentación, Sol Agra salientou que "estas axudas permiten aos concellos desenvolver políticas públicas de memoria democrática e avanzar no cumprimento das obrigas establecidas pola lexislación vixente". A deputada destacou que «recuperar a memoria silenciada durante décadas é un acto de xustiza que aínda, 50 anos despois da morte do ditador Franco, seguimos agardando» e incidiu na importancia de apoiar iniciativas que contribúan a facer visíbeis as historias das persoas que sufriron a represión.


A responsábel provincial sinalou tamén que «a recuperación da memoria democrática non consiste só en retirar símbolos da ditadura, senón tamén en construír coñecemento colectivo e fortalecer os valores democráticos» e defendeu o papel das administracións públicas na preservación e difusión desta memoria.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Pola súa parte, o alcalde de Arzúa, expresou que "grazas a esta liña, o Concello recibirá 9.300 euros para un proxecto de investigación, difusión e recoñecemento ás mulleres que loitaron e apoiaron a loita contra o fascismo durante a Guerra Civil e a ditadura franquista".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page