top of page

Arzúa pon en marcha o programa AcolleGalego para favorecer a integración de persoas con outras linguas

O curso, organizado polo Concello e a Secretaría Xeral da Lingua, desenvolverase do 15 de outubro ao 28 de novembro na Aula CeMIT


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, vén de poñer en marcha AcolleGalego, un curso de acollemento lingüístico dirixido a persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas que desexen achegarse á lingua galega e á súa realidade sociocultural.

O curso celebrarase entre o 15 de outubro e o 28 de novembro na Aula CeMIT de Arzúa. A iniciativa está pensada para facilitar a integración das persoas participantes na sociedade galega, ofrecéndolles ferramentas básicas para comunicarse en galego e para comprender mellor o contexto no que viven. Ademais do aspecto lingüístico, tamén busca fomentar o respecto pola diversidade e fortalecer os vínculos coa comunidade local.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Lucía López, concelleira de Normalización Lingüística, subliñou que “este curso de acollemento lingüístico ten unha dobre finalidade: por unha banda, garantir o dereito das persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas a acceder ao coñecemento do galego; e por outra, favorecer a súa inclusión social. Coñecer a nosa lingua non só abre portas na comunicación, senón que tamén permite achegarse á nosa cultura, ao que somos como pobo e á vida colectiva que compartimos”.


As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través das seguintes vías:

  • Por teléfono: 981 500 000 (ext. 171)

  • Por correo electrónico: normalizacion.linguistica@concellodearzua.com

  • Presencialmente: na oficina do Servizo de Normalización Lingüística (Casa do Concello) ou na oficina da Cruz Vermella de Arzúa


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello anima a todas as persoas interesadas a participar nesta iniciativa, que contribúe á construción dunha sociedade máis inclusiva, cohesionada e comprometida coa lingua e a cultura propias de Galiza.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page