top of page

Arzúa pon en marcha de novo “Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal” con 3.000 euros en premios

A iniciativa, impulsada pola Concellería de Turismo, Promoción Económica que dirixe Begoña Balado, desenvolverase entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa pon en marcha a partir do luns 15 de decembro a terceira edición da campaña “Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal”, unha iniciativa dirixida a fomentar as compras no comercio local durante a campaña de Nadal e que se consolida tras o éxito acadado nas dúas edicións anteriores.


A campaña está organizada pola Concellería de Promoción Económica, Comercio e Consumo, en colaboración coa Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) e ABANCA, e inclúe o sorteo de 3.000 euros en premios, repartidos en 50 tarxetas regalo para gastar exclusivamente nos establecementos de AECA.

ree

50 tarxetas regalo para mercar no comercio local

En concreto, sortearanse 10 tarxetas regalo de 100 euros e 40 tarxetas de 50 euros entre todas as persoas maiores de idade que realicen compras por importe superior a 30 euros nos comercios adheridos á campaña.


Para participar, as persoas consumidoras deberán escribir no reverso do tícket de compra o nome e apelidos, DNI e número de teléfono, e depositalo nas urnas habilitadas nos establecementos participantes entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A concelleira de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana, Begoña Balado, anima á

cidadanía a sumarse a esta iniciativa: “Con esta campaña queremos animar á veciñanza a mercar no comercio local nestas datas tan importantes. Apostar polos establecementos de Arzúa é apostar pola economía local, polo emprego e pola vida do noso concello”, sinala.

Balado destaca tamén a boa acollida das edicións anteriores: “As dúas campañas anteriores demostraron que esta iniciativa funciona moi ben e conta cunha resposta moi positiva. Por iso animamos a todas as persoas a participar e a facer do comercio local o mellor agasallo deste Nadal”.


A campaña estará vixente do 15 de decembro de 2025 ao 15 de xaneiro de 2026. O sorteo

celebrarase o 16 de xaneiro de 2026, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Arzúa.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A listaxe das persoas premiadas publicarase o 20 de xaneiro na web municipal, nas redes sociais e no taboleiro de anuncios do Concello. As bases completas da campaña poden consultarse na páxina web do Concello de Arzúa,www.arzua.gal.


Desde a Concellería de Promoción Económica, Comercio e Consumo anímase á cidadanía a participar nesta campaña e apostar polo comercio local, contribuíndo así ao mantemento do tecido empresarial, á dinamización económica e á vida social do municipio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page