Arzúa organiza unha nova recollida de plásticos agrícolas nas parroquias os días 23, 24 e 25 de marzo
- Laura Moure

- 19 mar
- 2 min de lectura
Durante estas tres xornadas, o servizo desprazarase por distintos puntos do municipio seguindo un calendario establecido
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa levara a cabo os vindeiros días 23, 24 e 25 de marzo unha nova recollida de plásticos agrícolas nas parroquias, dentro do servizo municipal de xestión de residuos agrarios, co obxectivo de facilitar a súa correcta xestión e contribuír á protección do medio ambiente no rural.

Durante estas tres xornadas, o servizo desprazarase por distintos puntos do municipio seguindo un calendario establecido, co fin de achegar este recurso á veciñanza e favorecer unha xestión máis sostible dos residuos derivados da actividade agraria.
Os horarios establecidos son orientativos e poden variar lixeiramente en función do desenvolvemento da ruta.
Calendario e puntos de recollida
Luns, 23 de marzo
• 9:00 BOENTE, no tramo da estrada antiga, en Boente de abaixo
• 9:30 FIGUEIROA, no Curro
• 10:00 A CASTAÑEDA, no campo da festa
• 10:30 VILANTIME, no campo da festa
• 11:30 MAROXO, no campo da festa
• 12:00 BRANDESO, no campo da festa
• 12:30 VIÑÓS, no campo da festa
• 13:00 TRONCEDA, xunto á escola
• 13:30 DOMBODÁN, no campo da festa
Martes, 24 de marzo
• 9:00 BRANZÁ, xunto á igrexa
• 10:00 PANTIÑOBRE, ao carón da escola
• 11:30 LEMA, no campo da festa
• 12:00 RENDAL, no campo da festa
• 12:30 A MELLA, detrás do Local Social
• 13:30 VILADAVIL, xunto á pista polideportiva
Publicidade
Mércores, 25 de marzo
• 9:00 SANTA MARÍA, no cruce de Seixas
• 9:30 SANTO ESTEVO, xunto á igrexa
• 11:00 SAN MARTIÑO, no campo da festa
• 12:30 OÍNS, ao lado da pista polideportiva
• 13:00 DODRO, xunto á igrexa
• 13:30 BURRES, ao carón da escola
Normas de uso do servizo
Desde o Concello recórdanse as condicións para o correcto uso deste servizo:
• Só se poden depositar plásticos procedentes de silo ou invernadoiros
• Estes non poden introducirse en big-bag
• Prohíbese depositar big-bags, rodas, garrafas de plástico ou outros residuos
PUBLICIDADE
Un servizo municipal ao carón do rural
O concelleiro de Medio Ambiente, Daniel Moscoso, destacou que “este servizo municipal permite achegar solucións prácticas á veciñanza do rural para a xestión dun tipo de residuo que require un tratamento específico”. Así mesmo, sinalou que “o obxectivo é facilitar o día a día das explotacións agrarias e evitar prácticas inadecuadas, ofrecendo alternativas accesibles e organizadas desde o propio Concello”.
Moscoso tamén fixo un chamamento á responsabilidade no uso do servizo, lembrando que “é fundamental respectar as normas establecidas para garantir o seu correcto funcionamento e a súa continuidade”. O Concello de Arzúa agradece a colaboración da veciñanza e anima a facer un uso responsable deste servizo, pensado para facilitar a xestión dos residuos agrícolas e contribuír á conservación do medio ambiente.








Comentarios